Saltar ao contido

Vigo estrea o primeiro furgón lavapapeleiras de Galicia con motor de gas natural comprimido e capaz de reciclar a auga

      • O Concello de Vigo e FCC incorporan ao servizo de limpieza este novo vehículo que permitirá limpar, aproximadamente, 1.500 papeleiras ao mes e aforrar un 20% de auga

      O Concello de Vigo e FCC, empresa concesionaria do servizo de limpeza na cidade, seguen apostando pola modernización dos seus equipamentos e vehículos de limpeza poñendo o foco na sustentabilidade.

      Nesta liña, Vigo cumpre un novo fito ao converterse na primeira cidade de Galicia en estrear un furgón lavapapeleiras con motor de gas natural comprimido (GNC) e capaz de reciclar a auga.

      Trátase dun vehículo cunha capacidade de aforro dun 20% de auga, grazas á reciclaxe da mesma, e que permitirá limpar, aproximadamente, 1.500 papeleiras ao mes na cidade. O novo furgón está dotado de depósitos estancos para a limpeza robotizada mediante auga fría, a 150 bares de presión, e emprega desengrasante e desodorizador con etiqueta ECO, un produto biodegradable e en baixa concentración.

      A incorporación deste vehículo, xorde do reto que supón abordar a limpeza in situ das papeleiras nas grandes cidades sen necesidade de ter que transportalas a unha estación central de lavado ou recorrer ao emprego de hidrolimpadores.