Saltar ao contido

O Concello de Vigo e FCC reforzan o servizo de recollida de papel e cartón comercial

  • Reforzase a recollida deste tipo de residuo de xeito que os establecementos comerciais poden solicitar un servizo “porta a porta” baixo demanda previa.
  • Actualmente, existen preto de 40 puntos, entre zona Príncipe e zona Calvario, nos que os comercios poden depositar o papel e cartón.
  • Entre os meses de maio a xuño, incorporaranse especificamente para este servizo dous vehículos con etiqueta ECO.

Ao longo do ano, recóllense na cidade de Vigo un total de 550 toneladas de cartón, un feito que levou ao Concello de Vigo e FCC a estender o servizo de recollida de papel e cartón comercial a novas zonas comerciais sensibles de xerar este tipo de residuo.

A novidade atópase na posta en marcha dun servizo de asistencia “porta a porta”, baixo demanda previa chamando ao 900 859 660 en horario de mañá e recollida no punto indicado pola concesionaria, a partir das 23:00 horas.

Para reforzar este servizo de recollida de cartón comercial, incorporaranse dous novos vehículos de gas natural, etiqueta ECO, de caixa aberta basculante de 10 m3.

Na actualidade, existen preto de 40 puntos, entre zona Príncipe e zona Calvario, nos que os comercios poden depositar o papel e cartón.

Zona Príncipe-Urzáiz e Policarpo Sanz (26 puntos)

  • Porta do Sol 11 bis
  • Porta do Sol 5
  • Travesía Príncipe (Jardinera)
  • Policarpo Saz 10
  • Príncipe Galerías Puerta Príncipe
  • Príncipe 22
  • Príncipe 19
  • Príncipe 23
  • Príncipe Esquina Eduardo Iglesias
  • Velázquez Moreno 27
  • Policarpo Saz 20
  • Urzáiz 11
  • Urzáiz 28
  • Urzáiz 21
  • Urzáiz 24
  • Urzáiz 36
  • Urzáiz 44
  • Policarpo Saz 30
  • Príncipe 46
  • Eduardo Iglesias (Isleta Central)
  • Príncipe Esquina Londres
  • Príncipe Galerías Durán
  • Colón 29
  • Colón 37
  • Príncipe Esquina Ronda de Don Bosco
  • Ronda de Don Bosco (Xardineira)

Zona Calvario (13 puntos)

  • Urzáiz 102
  • Urzáiz 114
  • Urzáiz Esquina Travesía de Vigo
  • Urzáiz 116 (Escaleiras)
  • Gregorio Espino 8
  • Urzáiz Esquina Doctor Carracido
  • Urzáiz Esquina Gregorio Espino
  • Urzáiz Esquina León
  • Urzáiz Esquina Cataluña (Lateral Mercado)
  • Urzáiz Esquina Cruz Blanca
  • Urzáiz Esquina Cristo
  • Urzáiz Esquina Sagunto
  • Urzáiz Esquina Toledo