Saltar ao contido

O Concello de Vigo e FCC recollen máis de 2 toneladas de lixo dos areais vigueses tras San Xoán

  • ·         O dispositivo especial de limpeza contou con 15 vehículos, entre tractores,

    baldeadoras e camións, e un total de 32 operarios

     

    Con motivo da celebración de San Xoán do pasado venres, o Concello de Vigo e FCC puxeron en marcha un dispositivo especial de limpeza para recuperar o estado dos areais vigueses tras as tradicionais  fogueiras.

    Grazas a este dispositivo de limpeza retiráronse das praias da cidade máis de 2 toneladas de lixo, que foron descargadas na ecoplanta de Guixar para a súa reciclaxe.

    O dispositivo de limpeza, integrado por 15 vehículos -entre tractores, baldeadoras e camións- e un total de 32 operarios repartidos en 3 brigadas, limparon o lixo das praias en cuestión de horas para retornar os areais vigueses ao seu aspecto habitual.

Vigo, a cidade máis limpa
Uso de Cookies

Este sitio utiliza Cookies para ofrecerlle ao usuario a mellor experiencia e uso posible. A información de Cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións tales coma recoñecelo cando regrese ao sitio Web e axudar ao noso equipo  a comprender que seccións do sitio Web resúltanlle máis interesantes e útilies.

Pode axustar a configuracion de Cookies navegando polas pestanas da esquerda.