Saltar ao contido

O Concello de Vigo e FCC incorporan 100 novos contedores marróns de residuos orgánicos con apertura a través da tarxeta PassVigo

  • Os novos contedores instalaranse nun total de 22 rúas e darán servizo a preto de 30.000 cidadáns.
  • O uso da PassVigo, que xa se implementou na experiencia piloto realizada en 2020 nos barrios de Navia e Coia, facilita a apertura e permite garantir que se use para depositar só residuos orgánicos.
  • Estes contedores de cor marrón están destinados a restos de alimentos como froitas, verduras, carne ou peixe cociñados ou cascas de ovo, así como tapóns de cortiza, panos de mesa de papel, infusións ou pequenos restos vexetais.

O Concello de Vigo e FCC, empresa adxudicataria dos servizos de recollida de residuos e limpeza urbana de Vigo, comezan a instalar hoxe na cidade un total de 100 contedores de residuos orgánicos con apertura a través da tarxeta PassVigo.
Os novos contedores marróns, que darán servizo a preto de 30.000 cidadáns, estarán presentes nun total de 22 rúas:

1. A Guarda
2. Alexadre Bóveda
3. Av. de Castelao
4. Av. De Florida
5. Baiona
6. Darío Durán
7. Eugenio Kraft
8. Garcia Lorca
9. Lorient
10. Manuel de Castro
11. Nigrán
12. Pablo Iglesias
13. Ángel Llanos
14. Tui
15. Felipe Prosperi
16. Fotógrafo Xosé Gil
17. Fotógrafo Luis Casado
18. Fotógrafos Irmáns Sarabia
19. Ponte de Veiga
20. Quintela
21. Salvador Allende
22. Santa María de Oia

Estas 100 unidades están destinadas á fracción orgánica, incluíndo restos de alimentos como froitas, verduras, carne ou peixe cociñados ou cascas de ovo, así como tapóns de cortiza, panos de mesa de papel, infusións ou pequenos restos vexetais.

O uso da tarxeta PassVigo, que funciona con tecnoloxía contactless, permite, entre outros, unha apertura mais sinxela que co antigo pedal e garante o seu correcto uso, destinado só a residuos orgánicos.Os 100 novos contedores súmanse aos 69 implantados na experiencia piloto realizada en Coia e Navia no ano 2020.Con este tipo de iniciativas, o Concello de Vigo e FCC queren contribuír á prevención na xeración de residuos e fomentar a reutilización, a reciclaxe e a separación de residuos, para a mellora das recollidas selectivas.