Saltar ao contido

Que recollemos?

Nas áreas de achega recollemos distintos tipos de resíduos: envases de plastico, bricks, latas, papel, cartón, envases de vidro, pilas, aceite vexetal de orixe doméstico, roupa e calzado.

Envases de plástico, bricks e latas

Envases de plástico

Botes e botellas de plástico: auga, aceite, refrescos, iogures, limpiadores do fogar, cosméticos, aseo pesoal, etc.

Latas

Latas de bebida. conservas de peixe ou vexetais, alimentos infantís, etc.

Envases tipo brick

Bricks de leite, zumes, viño, etc.

Vidro

Recóllense todos os envases de vidro como botellas, tarros, botes. Sen ningún tipo de elemento metálico, tapa ou embalaxe.




Papel e cartón

Recóllense xornais, semanarios, revistas ilustradas, libros catálogos, prospectos, correspondencia (sempre que non leve ningún tipo de plástico ou papel plastificado), cadernos e blocks de notas, papeis de ordenador e cartón procedente de caixas e embalaxes.

Pilas usadas

Recóllense pilas de botón, alcalinas, secas, recargables, baterías de pequenos electrodomésticos, etc.

Roupa e calzado

Roupa, calzado e complementos en bolsas pechadas.

Aceite vexetal de uso doméstico

Recóllense aceite de orixe vexetal de uso doméstico, depositados en recipientes de plástico e ben pechados.

Vidro canle HORECA



Recóllese vidro canle HORECA (hoteles, restaurantes y cafeterías) no casco vello e  no casco histórico de Bouzas

Caixas de cartón, porexpán, plástico e madeira a froiterias

Para as froiterias adheridas ao sistema de recollida porta a porta, recollemos caixas de cartón, porexpán, plástico e madeira.
Vigo, a cidade máis limpa
Uso de Cookies

Este sitio utiliza Cookies para ofrecerlle ao usuario a mellor experiencia e uso posible. A información de Cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións tales coma recoñecelo cando regrese ao sitio Web e axudar ao noso equipo  a comprender que seccións do sitio Web resúltanlle máis interesantes e útilies.

Pode axustar a configuracion de Cookies navegando polas pestanas da esquerda.